Enterticket

Tanxugueiras - Salón Teatro (Lalín)

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Tanxugueiras - Salón Teatro (Lalín)

Concerto de presentación do primeiro disco de Tanxugueiras

  • Día: Venres 29 de marzo
  • Lugar: Salón Teatro (Lalín)
  • Hora: 21:00h.
  • Prezo entradas: 10€ + gastos de xestión anticipada / 12€ taquilla


TANXUGUEIRAS

A revolución das pandeiretas

Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, entre Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dáse un encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comuñón musical xorden desde o primeiro minuto e fan que revolucionen o panorama musical galego.

O mundo da pandeireta e o baile está a vivir en Galicia a un momento irrepetible, cada vez máis xente se está achegando a este tipo de sentir e facer. O que fan Tanxugueiras é achegalo dun xeito doado, natural, cun empaste nas voces pouco común, cuns arranxos elegantes e coidados, cun son grande e cristalino, cun agarimo inusual, cunha tímbrica instrumental que conecta oriente e occidente, con intelixencia e humor. E, sobor de todo, con moito amor.

Con máis de 50 concertos no 2018 e unha importante xira tanto polo país como polo estranxeiro, visitando Glasgow, a India, Cuba e Suíza, Tanxugueiras convértese nun referente e no grupo revelación da música tradicional galega.

Salón Teatro
29 mar 2019
Recinto
Salón Teatro
DirecciónRúa Banda de Música de Lalín, s/n, 36500 Lalín, Pontevedra
Horario
HorarioApertura 20:30 h - Inicio 21:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS