Enterticket

Trilitrate | Sinsal Litoral

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Trilitrate | Sinsal Litoral

TRILITRATE | SINSAL LITORAL SON ESTRELLA GALICIA 2020


Sinsalaudio explora novos escenarios en 2020 co festival  Sinsal Litoral SON Estrella Galicia, do mércores 22 ao domingo 26 de xullo. Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e unha xornada dedicada á economía circular forman parte do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero, Modulador de Ondas e Trilitrate. 


Encontros de pequeno formato ao redor da música, do patrimonio natural e industrial, coas xentes que os habitan e, en todos eles, o mar de preto. Sinsal Litoral SON Estrella Galicia quere ser un espazo de reflexión sobre os retos da cultura na Axenda 2030 e con actividades paralelas pola divulgación do noso patrimonio industrial e natural, construíndo unha programación cálida, de proximidade, proporcionando confianza, seguridade e atractivo para o público. É Sinsal Litoral un festival de pequenos foros, non só como manda o sentido común  neste momento que vivimos, senón como é tamén marca da casa.


Sinsal Litoral conta coa complicidade e apoio de SON Estrella Galicia, patrocinador principal do festival. Ademais, cos patrocinadores institucionais: Xacobeo 2021, Agadic, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas e Concello de Redondela. Colaboran Fundación Paideia, Gadis, Chef Maestro, Cosferla. Participan no programa Amarturmar, Vigo Pesqueiro-Fundamar, Astilleros Cardama, Mosteiro de Oia.



13:00 Concerto, Trilitrate en Mosteiro de Oia. Escenario Xacobeo 2021-Fest Galicia


Un trío de Vigo formado por catro persoas: Elena Vázquez, violín, Rubén Abad, guitarra clásica, Marcos Padrón, acordeón, e Laura Iturralde, nas videoproxeccions. Os integrantes de Trilitrate rachan as liñas entre a composición e a improvisación, navegando pola música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock, o noise e a música étnica. Di o xornalista Alberto Leyenda deles: “Contra as convencións e os valados mentais, Trilitrate fai coherente o que parece un disparate: ser hardcore armados cun violín, unha guitarra clásica, un acordeón e un videoproxector; mesturar formación académica con espírito underground; pasar dunha improvisación a un vals ou dunha peza impresionista a unha arroutada o heavy metal. Probablemente, o grupo máis orixinal de Vigo”.

Prezo: 10 euros

Prezo reducido para menores de 16 anos: 5 euros (prazas limitadas)

O acceso dos menores de 3 anos (inclusive), compartindo cadeira, será de balde.


Normas de seguridade sanitaria SINSAL LITORAL SON ESTRELLA GALICIA:

1. Cando debo usar a máscara?

En todo momento. Solo poderás retirala para consumir a túa bebida. O acordo da Xunta de Galicia publicado no DOG do sábado 18 de xullo de 2020 establece a obriga do uso de máscara en espazos públicos, abertos e pechados, ainda que se poda manter a distancia de seguridade. 

2. Protocolo de acceso e desaloxo

- No acceso: as cadeiras serán ocupadas por orde de chegada, completando o aforo desde a primeira ringleira até a última. No desaloxo: a orde de saída será á inversa; empezando pola última ringleira. Respectade as distancias con aquelas persoas que non son as vosas acompañantes.

3. Para pedir unha consumición naqueles concertos que dispoñan deste servizo: uso obrigatorio de máscara no acceso á barra e non consumir de pé, só sentado na cadeira.

Agradecémosvos a vosa colaboración nestas medidas para a seguridade de todas e todos.

Mosteiro de Oia
26 jul 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Mosteiro de Oia
DirecciónRúa do Párroco Don Claudio Rodal Fandiño, 5, 36794 Oia, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 12:30 h - Inicio 13:00 h

OTROS EVENTOS