Un camiño ben temperado 2023
ENTRADAS
INFORMACIÓN
Real Mosteiro de Oia · segunda edición
6, 7, 8 e 9 de setembro
Tras unha primeira edición que percorreu o camiño portugués da costa en sentido inverso para celebrar o ano xacobeo, neste 2023 retirámonos ao Real Mosteiro de Oia para retomar a programación de músicas fascinantes enmarcadas baixo o paraugas da interpretación historicamente informada.
O Real Mosteiro de Oia e a igrexa serán o centro deste festival motivado pola grandeza que se agocha tras os seus muros de pedra. Un conxunto patrimonial único que impresiona pola súa historia, contorna e importancia estratéxica e que estende as súas raices á Idade Media, destacando o seu poderoso e sorprendente carácter actual e transfronteirizo. Capas de tempo superpostas que percorreremos nesta semana seguindo os principios da interpretación historicamente informada para tecer un programa que conxugue territorio, historia e reflexión, que configure un paralelismo entre a historia do mosteiro e da música a través da interpretación en vivo.
Nesta edición, a danza será o fío conductor destas catro xornadas de festival. Grazas a ela exploraremos o patrimonio e levaremos a música aos distintos espazos que conforman o mosteiro; Integrando música e danza de xeito natural coa vontade de celebrar a importancia da danza para a configuración e comprensión deste estilo. Unha acción que permite á súa vez descubrir e celebrar o patrimonio, xerando así lecturas novidosas nesa confluencia.
Cando: 6, 7, 8 e 9 de setembro
Onde: Real Mosteiro de Oia
Colabora: Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Concello de Oia, Real Mosteiro de Oia e Fundación Bretal.
OTROS EVENTOS
En este momento no hay otros eventos relacionados. Visita nuestra página de inicio para buscar más eventos.
Ir a Inicio