VAL DEL OMAR. UNHA APROJIMACIÓN

today Sábado, 5 de junio de 2021

today Sábado, 5 de junio de 2021
access_time Apertura: 11:30h Inicio: 12:00h
place SALA (S8) PALEXCO - Peirao de Transatlánticos, s/n, 15003 A Coruña

today VAL DEL OMAR. UNHA APROJIMACIÓN

Retomamos este termo valdelomariano, “aprojimar” (fusión dos termos casteláns “aproximar” e “prójimo”) para falar, nesta conferencia, da difusión da obra de Val del Omar dentro e fóra das nosas fronteiras. Nesta sesión desenvolveremos os temas introducidos nos programas que lle dedicamos este ano (El cine como elemento e o especial de Camera obscura dedicado ao seu laboratorio PLAT) a través das valiosas contribucións dunha serie de expertos que nos abrirán unha porta á fascinante galaxia Val del Omar.

Interveñen:

Gonzalo Sáenz de Buruaga

Colaborador e cómplice en vida de José Val del Omar, e fundador coa filla do granadino do Archivo María José Val del Omar y Gonzalo Sáenz de Buruaga, é unha figura imprescindible na preservación e difusión da vida e obra de Val del Omar.

Piluca Baquero

Directora do Archivo Val del Omar, dende hai máis de dúas décadas combina o seu labor como produtora de cine e como actual directora do Grao en Cine e Ficción Audiovisual UCJC coa xestión e o coidado da obra de José Val del Omar.

Víctor Berlín

Montador, programador, docente e xestor cultural, Berlín leva dende 2007 estudando en profundidade a vida e obra do cinemista granadino. En 2013 funda xunto a Beatriz Navas o arquivo fílmico en liña PLAT.TV, nomeado así en honor de Val del Omar.

Modera: Elena Duque


info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 05/06/2021)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.