A Pedreira + Laura Itandehui | Festival MARÉ 2024
ENTRADAS
INFORMACIÓN
COMPARTE ESTE EVENTO
A Pedreira + Laura Itandehui | Festival MARÉ 2024
Coma parte do festival MARÉ, que volve a Compostela do 25 ao 29 de setembro, A Pedreira presentará o seu segundo disco en solitario, "Basal", cun concerto previo da cantautora oaxaqueña Laura Itandehui.
O amor pola sonoridade e o significado das palabras que caracterizan a obra de Ugia Pedreira sustentan o seu novo traballo, o segundo en solitario. Unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa.
O espectáculo en directo desta formación é unha viaxe continental entre a rave e a foliada, o clube de jazz e a discoteca dos 80, a danza tribal e os rituais espirituais. Cuba (Alejandro Vargas), Brasil (Mauricio Caruso) e Galiza (Lorena Cachito e A Pedreira) abrázanse neste concerto, onde as artistas combinan o rock, o jazz, a MPB e o clásico, levando todas as cancións da autora a novos lugares.
A sua posta en escena é de alta potencia dinámica, bailábel en varios estilos, con dosis de improvisación e interacción co público, proceso básico para Pedreira. Tornar cada concerto nunha comunicación transparente, de ti a ti, inclusiva entre artista e espectadores, inclusiva para todas as capacidades.
Coma concerto previo, coñeceredes a Laura Itandehui, unha moza mexicana de orixe oaxaqueña e tampica, de voz doce, que comezou a súa carreira musical estudando violín aos catro anos e aos vinte e cinco xa se licenciara no ámbito profesional que exerce dende a súa adolescencia: o canto. Aínda que conseguiu dominar a linguaxe do jazz cun estilo propio, ten moi claro que non pode nin quere resistir a cultura mexicana; ambiente, historia e idiosincrasia que mellor coñece.
Desde hai uns anos, Laura leva varias das súas cancións na manga e a inevitable necesidade de cantar aos catro ventos sobre vivencias e inquietudes persoais dende a fermosa condición da súa propia mexicanidade: unha mestura única de amor, desamor, humor, esperanza e nostalxia, entre outros moitos ingredientes fundamentais.
Xéneros musicais tan variados como o bolero e o son tradicional, a ranchera típica, o vals peruano, o chachachá, así como as letras enxeñosas e ben elaboradas, forman parte do que o público poderá atopar nas cancións que creou Laura. Testemuño dunha artista sincera que interpreta as súas primeiras cancións.
Agardamos por vós o vindeiro sábado 28 de setembro no Teatro Principal.
Páxina web: mare.gal
Facebook: @mare.compostela
Instagram: @mare_compostela
Playlist Spotify
Canle de Youtube
Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.gal
Festival adherido ao Programa Carné Xove. Desconto do 10% para beneficiarios/as.
CÓDIGO PROMOCIONAL: CULTURAXOVE
Deberá presentarse o carné obrigatoriamente o propio día do concerto no control de accesos.
Teatro Principal
28 sept 2024
Santiago de Compostela
Recinto
Teatro Principal
Rúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
Apertura 18:30 h - Inicio 19:00 h (GMT+2)
OTROS EVENTOS
En este momento no hay otros eventos relacionados. Visita nuestra página de inicio para buscar más eventos.
Ir a Inicio