Enterticket

AITOR GAMETXO

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
AITOR GAMETXO

O foco a Aitor Gametxo recolle unha selección da obra do autor biscaíño, achegándonos á súa visión como cineasta e activando a reflexión vital e poética acerca da representación audiovisual. “Os ollos péchanse e a luz continúa". Así remata Els Ulls, de Aitor Gametxo, e abre un camiño para reflexionar acerca do cinema, da mirada e da representación. O foco a Aitor Gametxo xoga coa poesía do cotián, do afecto, atopando no día a día claves para identificar nas formas ideas, para acceder ao real das aparencias.


O cine atrapa a vida de xeito inesperado, deixando sempre unha pegada do verídico, que se desprende da fabulación. A cámara rescata, preserva a fantasma vaga de algo que foi e estivo, para poder retornar, para poder revivilo. Mirar é estar presente, ser testemuña, pero tamén facer presente, coñecer. O cinema non dá vida ás cousas, e nin sequera na ficción pode controlalas. Viven máis aló da mirada, existen con independencia. 


Certamente, a imaxe é quen de prolongar esa vida nas aparencias, de abrir un camiño paralelo. Nisto existe, paradóxicamente, unha morte, unha perda: aquilo que vive na imaxe abandónase á representación, prescinde da orixinalidade do momento. Na promesa da imaxe, tocamos soamente a superficie das cousas, a forma, a luz. Pero a imaxe non depende da luz, nin tampouco do son. 


Aitor propón un encontro constante entre a vida e o cine, entre o real e o real atravesados. A súa obra xera sempre unha dúbida, cuestiona as formas, revisita ideas en escenas da historia do cine, reivindica o son como xerador de imaxes e explora o silencio. 

 

 

Aitor Gametxo

Aitor Gametxo Zabala (Lekeitio, Bizkaia, 1989) combina narrativas tradicionais e a experimentación formal para crear filmes entre o documental e a ficción. Dirixiu e escribiu unha amplia variedade de obras personais, tanto individualmente como en grupo, entre as que se encontran Irudi mintzatuen hiztegi poetikoa (Diccionario poético de imaxes faladas, 2013, codirixida con Maria Elorza e Maider Fernández Iriarte), Bere bizitzetako bat (Unha das súas vidas 2014), Soinu galduen bila (En busca dos sons perdidos, 2014), O outro mapa de Abauntz (2015, realizada tras gañar o premio X-Films do festival Punto de Vista), Distantziak (Distancias, 2015, codirixida con Jesus M. Palacios, Maddi Barber e Cris Ezquerra para Zinebi), Cicha Symfonia (Unha sinfonía en silencio, 2017, a través dunha residencia artística impulsada polo Centro de estudos vascos Etxepare e a capitalidade europea DSS2016), Beste hamar minutu nagusiago (Outros dez minutos maior, 2017) e Hemen. Gaur. Berriz (Aquí. Hoxe. De novo, 2020). As súas obras foron proxectadas en festivais de cine internacionais e en varios programas ou exposicións de centros culturais. Dende 2017 deseña e imparte obradoiros e experiencias relacionadas có cine e a imaxe móbil.

El pez, 2013

Vídeo | cor | son | 2' 30" | 2013 | estrea galega


Un grupo de párvulos e a súa mestra, observan a un pequeno peixe nun recipiente de agua. Móvese e semella ter a vitalidade dun animal pero, ¿é real? 

 

 

Una de sus vidas

Vídeo HD | son | cor | 8’ | 2013 | estrea galega

Un cineasta amateur envía a unha amiga todas as imaxes e notas tomadas durante unha viaxe a París. "Eses momentos, ao ser filmados, non podían ser vividos. E, polo tanto, xa non me pertencían", di a primera nota que lle envía nunha caixa de zapatos.

En busca de los sonidos perdidos

Vídeo HD | son | cor | 7’ | 2013 | estrea galega

 

Viaxei a Zürich para visitarte antes de que voltaras. Unha vez alí, pedinche que me axudases a atopar sons que necesitaba para unha curta na que estaba a traballar. A idea é sinxela: ti decides a onde dirixir a grabadora e eu sígote coa cámara.

 

Cicha Symfonia 

Vídeo HD | son | cor | 25’ | 2017 | estrea galega

 

Wroclaw, en Polonia, cidade de fronteiras cambiantes, é agora, como todas as cidades, escenario de ruído e melodías que as persoas xordas ignoran. Sen embargo, os movementos das súas mans, peito e rostro, mistúranse cada día con estes ritmos urbáns dos que somos testemuña, formando parte dunha extraordinaria sinfonía silenciosa composta por rimas visuais, conversacións, momentos cotiás, emocións infantís e praceres normalmente pasados por alto, pero aquí están, redescubertos, no máis cómodo dos silencios. É un retrato sinfónico dunha cidade resonantemente familiar. 

 

Els ulls, 2021

Video | cor | son | 9' 30" | 2021 | estrea mundial

Na escuridade da noite, un relato de ciencia ficción sobre unha poboación cega técese con voces reais de habitantes dunha pequena illa. Un xogo de texturas e rexistros, onde a fala, a declamación e a lectura, permiten ver incluso cos ollos pechados.

Otros diez minutos mayor

Vídeo HD | son | cor | 10’ | 2017 | estrea galega

En 2017, uns alumnos de primaria convertéronse en espectadores deses dez minutos pasados.

Z

Video | cor | son | 1' 30" | 2020 | estrea galega

 

Esta peza forma parte do Abecedario audiovisual del coronavirus, un exercicio levado a cabo no contexto do Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo da Universitat Autònoma de Barcelona, durante a pandemia.

 

Hemen–Gaur–Berriz

Vídeo HD | son | cor | 9’ | 2020 | estrea galega


Bitor e Mikel coñécense durante as festas de Bilbao. A primeira mirada vai a ser especial para ambos, pero van lembrala de xeitos diferentes.

Fundación Luis Seoane
30 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 18:10 h - Inicio 18:30 h

OTROS EVENTOS