Enterticket

Ana Lua Caiano + Nacho · Faia · Lar | Festival MARÉ 2024

Event Header

ENTRADAS

Cargando

INFORMACIÓN

Event Card
Ana Lua Caiano + Nacho · Faia · Lar | Festival MARÉ 2024

Coma parte do festival MARÉ, que volve a Compostela do 25 ao 29 de setembro, a portuguesa Ana Lua Caiano presentará o seu primeiro álbum “I’m going to stay in this square” nunha xornada musical que abrirá o trío galego Nacho · Faia · LAR co seu proxecto "De não saber o que me espera".


Ana Lua Caiano explora a fusión musical a través da combinación da música tradicional portuguesa coa música electrónica, creando melodías que remiten á tradición, nunha unión con sintetizadores, máquinas de ritmos e sons tomados da vida cotiá.


Considerada como unha “Breakthrough Artist” cos seus dous primeiros EP, Ana Lua Caiano está actualmente de xira co seu primeiro disco “I’m going to stay in this square”. A súa música foi recoñecida a nivel nacional e internacional, sendo nominada aos Premios NME e agora como “Artista Revolucionario” nos PLAY-Prémios da Música Portuguesa.


Coma concerto previo poderedes gozar da proposta musical "De não saber o que me espera". Este é o nome que da título ao proxecto musical feito por Nacho Muñoz (piano e eléctrónica), Faia Díaz (voz) e Lar Legido (batería). Tres artistas referentes da vangarda musical galega que veñen colaborando xuntos dende 2019 para ofrecer ao público unha renovada visión sobre o repertorio musical do recoñecido cantante portugués Zeca Afonso.


Un proxecto para o que contan coa produción sonora de Hevi (Malandrómeda) e co que manteñen mais vivo que nunca o legado deste célebre artista neste ano 2024 no que se conmemora o 25º Aniversario do seu pasamento.


Agardamos por vós o vindeiro venres 27 de setembro no Teatro Principal.



Páxina web: mare.gal
Facebook: @mare.compostela
Instagram: @mare_compostela


Playlist Spotify
Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.gal

Festival adherido ao Programa Carné Xove. Desconto do 10% para beneficiarios/as.
CÓDIGO PROMOCIONAL: CULTURAXOVE
Deberá presentarse o carné obrigatoriamente o propio día do concerto no control de accesos.

Teatro Principal
27 sept 2024
ProvinciaA Coruña
Recinto
Teatro Principal
DirecciónRúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 18:30 h - Inicio 19:00 h

OTROS EVENTOS