Enterticket

AulaCREA Aitor Gametxo

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
AulaCREA Aitor Gametxo

Másterclass Aitor Gametxo. Nos ollos ábrense infinitos camiños 

Un percorrido polas ideas, os procesos e as referencias que permitiron a existencia das películas que conforman o foco. Diferentes aproximacións a un mesmo desexo de coñecer algo descoñecido.Un exercicio de arqueoloxía, de desenterrar cousas que parecían olvidadas

Aitor Gametxo

Aitor Gametxo Zabala (Lekeitio, Bizkaia, 1989) combina narrativas tradicionais e a experimentación formal para crear filmes entre o documental e a ficción. Dirixiu e escribiu unha amplia variedade de obras personais, tanto individualmente como en grupo, entre as que se encontran Irudi mintzatuen hiztegi poetikoa (Diccionario poético de imaxes faladas, 2013, codirixida con Maria Elorza e Maider Fernández Iriarte), Bere bizitzetako bat (Unha das súas vidas 2014), Soinu galduen bila (En busca dos sons perdidos, 2014), O outro mapa de Abauntz (2015, realizada tras gañar o premio X-Films do festival Punto de Vista), Distantziak (Distancias, 2015, codirixida con Jesus M. Palacios, Maddi Barber e Cris Ezquerra para Zinebi), Cicha Symfonia (Unha sinfonía en silencio, 2017, a través dunha residencia artística impulsada polo Centro de estudos vascos Etxepare e a capitalidade europea DSS2016), Beste hamar minutu nagusiago (Outros dez minutos maior, 2017) e Hemen. Gaur. Berriz (Aquí. Hoxe. De novo, 2020). As súas obras foron proxectadas en festivais de cine internacionais e en varios programas ou exposicións de centros culturais. Dende 2017 deseña e imparte obradoiros e experiencias relacionadas có cine e a imaxe móbil.

Fundación Luis Seoane
31 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 12:10 h - Inicio 12:30 h

OTROS EVENTOS