Enterticket

TRAZADOS TRÁNSITOS E CIUDADELAS III: Clara Aparicio e Susanne Wiegner

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
TRAZADOS TRÁNSITOS E CIUDADELAS III: Clara Aparicio e Susanne Wiegner

Na obra das artistas de Cidadelas vemos como os usos modifican os trazados, pero tamén se fai evidente a forma en que o espazo impón tránsitos, ritmos e necesidades, nunha lóxica invertida que serve a unhas dinámicas capitalistas, pero tamén ao "benestar".


En Os relatos como construtores Clara Aparicio e Susanne Wiegner xeran, a través da animación, relatos baseados en relatos e relatos que cuestionan os relatos. Ambas artistas producen experiencias surreais desde unha conciencia crítica e lúcida, moldean escenarios que permitan ao espectador observar detidamente, integrarse neles mentres os percorre e os desentraña. Trátase case sempre de lugares de tránsito, paisaxes, cidades ou habitacións baleiradas coma maquetas para convertelas en puzles oníricos de obxetos e construcións cotiás. Así, establécese un diálogo e unha colaboración entre as obras de Susanne e Clara, chamando a nosa atención sobre a inxustiza e a indiferenza, pero tamén sobre o poder da representación.


 Clara Aparicio

The good, the bad, the ugly

Vídeo HD | son | cor | 2’ 34’’ | 2009 | estrea galega

Iconosfera  

Vídeo HD | son | cor | 4’ 45’’ | 2015 | estrea galega

Relato eficaz

Vídeo HD | son | cor | 3’ 36’’ | 2016 | estrea galega


Susanne Wiegner

Moments

Animación 3D | son | cor | 6’ 18’’ | 2019 | estrea española

Bellevue 

Animación 3D | son | cor | 7’ | 2020 | estrea española

Future in the Past

Animación 3D | son | cor | 7’ 7’’ | 2015 | estrea española

Fundación Luis Seoane
28 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 20:10 h - Inicio 20:30 h

OTROS EVENTOS