Enterticket

Compostela Swing & Manouche Jam Session na Casa das Crechas #RGMV

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Compostela Swing & Manouche Jam Session na Casa das Crechas #RGMV


Última jam session de Swing & Manouche do 2022!

Coma sempre, na Casa das Crechas.

TRIBUTO A LOUIS ARMSTRONG CON DAVID LOJO
Esta vindeira jam session vai adicada ao Jazz de Nova Orleáns e ao trompetista LOUIS ARMSTRONG.

David Lojo Trompeta
Sarunas Pupelis Clarinete
David Regueiro Banjo
Lolo Martínez Tuba

David Lojo Ces (1993), trompetista de Jazz e compostir galego, deu os seus primeiros pasos aos 8 anos na banda de música do seu pobo (Boiro, A Coruña) da man de D. Ramón Boga Ramallo e posteriormente no Conservatorio Felipe Paz Carvajal de Noia (A Coruña), onde obtivo o Grado Profesional de Música, recibindo clases de mestres como Dalibor Sebestik, Ramón Ces ou Juanma Varela.

Na adolescencia descubre o Jazz da man do saxofonista grego Thanos Athanasopoulos e do guitarrista galego Marcos Pin e, sentíndose fortemente atraído por dito estilo, comeza a asistir a cursos e masterclases con diferentes mestres e músicos como Michael Phillip Mossman, Antonio Hart, Michel Camilo, Darren Barret, Walter Smith III, Orrin Evans, Walter White ou Chucho Valdés, entre outros.


Con 18 anos estuda no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJ), onde permanece durante tres cursos cos mestres Paco Charlín e Abe Rábade. É alí onde comeza realmente a experimentar co seu propio son e cando forma o seu primeiro cuarteto.


Durante a súa traxectoria, tocou e colaborou con numerosos artistas e proxectos como Nelson Cascais (Jazz no Principal 2014), Pontejazz Big Band (2016), Walter White, Jesús Santandreu, Kyle Poole, Phillip Dizack, Pablo Sax Trío (Amorgana 2017), Krazy Kray Big Band, Ribeira Sacra Jazz Orchestra, Circo de Nadal (Vigo,2020-2021), Orquesta Galega de Liberación, Miho Hazama and Royal Conservatorie Big Band (como trompeta lead, 2021), e cabe mencionar tamen a súa experiencia no campo da dirección musical e da docencia.


Dende 2017 é membro da banda galega de improvisación libre conducida, Comando Radar, co cal publicaron en 2019 o seu primeiro traballo discográfico. Actualmente, David atópase ampliando os seus estudos na CODARTS “University of the Arts” (Rotterdam, Países Baixos), dándolle a oportunidade de aprender e perfeccionarse con músicos de primeira liña na escena jazzística europea como Jarmo Hoogendijk, Wim Both (WDR Big Band), Jan van Duikeren, Benjamin Herman, Stefan Lievestro ou Hans Mantel, e acaba de publicar o seu primeiro álbum “Road to Balance” co seu cuarteto, que na acualidade está formado polos músicos galegos Pablo Sanmamed (Contrabaixo), Daniel Díaz (batería) e Iago Mouriño (piano).



Despois, coma sempre, jam session. Vide tocar, bailar, beber e desfrutar do Swinggggggg!





Casa das Crechas
22 dic 2022
ProvinciaLa Coruña
Recinto
Casa das Crechas
DirecciónVía Sacra, 3, 15704 Santiago de Compostela, La Coruña, España
Horario
HorarioApertura 20:30 h - Inicio 21:00 h

OTROS EVENTOS