Enterticket

Culturgal 2020 | Culturgal 2020 en pandemia

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Culturgal 2020 | Culturgal 2020 en pandemia

Pandemia de Slavoj Zizek, Galaxia. Co tradutor Carlos Aymerich e o editor Francisco Castro. Sobre a obra, o papel da tradución e a universalidade do pensamento nunha situación coma a que estamos a vivir. O esloveno Zizek, un dos ensáistas e filósofos con máis protagonismo nesta primeira década de século, aborda os efectos da crise desatada pola pandemia de coronavirus, tanto nas mentes como no sistema socioeconómico, e reflexiona sobre a necesidade de repensar a sociedade contemporánea desafiando as verdades asumidas ate agora.

Setenta ideas para a (post)pandemia. Catro Ventos. Sete persoas, unha folla en branco e dez puntos sobre os que reflexionar. Así comezou este proxecto, froito das ideas sobre o que está a ser, o que puido ser e o que está por vir no contexto da pandemia do coronavirus e que achegamos da man de tres dos seus autores. Con Pilar García Negro (profesora honoraria da Universidade da Coruña especializada en sociolingüística), Fernando Ramallo (profesor de Lingüística na Universidade de Vigo) e Francisco Sampedro (doutor en Filosofía). 

10 gráficos para contarmos a pandemia en Galicia. Praza Pública. Diálogo sobre a importancia da visualización de datos e do xornalismo en clave galega para, a partir dunha aposta pola transparencia e os datos abertos, aproveitar as potencialidades do soporte dixital para achegar información comprensible sobre a COVID-19 á poboación de Galicia. Con David Lombao, director de Praza.gal.
"Pangalaica, recortes poderosos" de Xurxo Souto. Galaxia.
Conversa co editor Francisco Castro sobre o libro, que nace cando a pandemia paraliza a actividade cultural. Nel, Xurxo Souto constrúe unha completa reportaxe na que comparte, coas lectoras e lectores, trinta anos de carreira que lle ofreceron a posibilidade de coñecer persoas e historias marabillosas.


Espazo Libro. Teatro Principal de Pontevedra
29 nov 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Espazo Libro. Teatro Principal de Pontevedra
DirecciónRúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 13:00 h - Inicio 13:15 h

OTROS EVENTOS