Enterticket

FÉLIX FERNÁNDEZ

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
FÉLIX FERNÁNDEZ

O foco a Félix Fernández é un percorrido pola extensa carreira do autor, dende as súas obras de xuventude ás realizadas nos últimos anos, trazando unha panorámica sobre o seu imaxinario persoal, o pensamento e as motivacións que están detrás das súas creacións.


Félix Fernández

Na práctica artística de Félix Fernández a investigación sobre contidos é sempre unha prioridade, aos que se adapta a forma reforzando a mensaxe, en constante comunicación e empatía co espectador, nunha búsqueda de ser un espello onde o público se sinta reflectido.


Tempo revisitado - DV PAL | son | cor | 3’ 40’’ | 1996-2005 | estrea mundial

Recuperación de material caseiro, cando todavía non existía Youtube, nin Instagram no que Félix Fernández grávase bailando na súa habitación sendo adolescente. Este traballo forma parte da serie Tempos revisitados nos que o autor dialoga có seu pasado, cunhas imaxes que non naceron coa vontade de ser amosadas ao público, pero que revisadas dende o presente propóñensenos como intuicións autobiográficas sobre un futuro próximo.


inter- - DV PAL | son | cor | 1’ 45’’ | 2001

Esta obra foi unha colaboración de Félix Fernández co seu irmán Xavier Fernández.

Ésta reflexiona sobre os límites da identidade individual e as relacións de interdependencia.


Deconstrucción de principios pop - DV PAL | son | cor | 3’ 50’’ | 2002

Realizar unha acción pública adoita requirir certo ensaio preliminar para vencer o medo ou a inseguridade. Estes ensaios están dirixidos por unhas pautas de comportamento convencionais: partimos polo xeral dunha idea estereotipada da acción e intentamos repetila según as nosas posibilidades. Que pasaría se solapásemos tódolos ensaios desa acción e os vísemos todos xuntos, uns enriba doutros? Este vídeo reflexiona sobre como se constrúe a cultura pop e amósanos dende un lugar experimental e estético a fraxilidade sobre a que se constrúe a idea de perfección na cultura de masas.


Ensaio #1: sobre a creación - DV PAL | son | cor | 5’ 20’’ | 2004 | estrea galega

Mediante a libre asociación de imaxes, conceptos, movemento e son Félix Fernández elabora un discurso sobre a creación. Propón unha construción movida pola intuición e polos sentimentos. Subxace nesta crise unha maneira de concibir o que é ser artista como un tópico no que éste/ésta é unha estrela mediática e sempre se encontra nun estado de visibilidade constante, amosando sempre o que os demais esperan del/ela. E o autor como resposta constrúe un momento intimista, no que se deixa levar pola música na súa habitación e van aparecendo imaxes superpostas que funcionan como elipses mentais, que reforzan o contido da acción.


Planta 23; 03:45 - Vídeo HD | son | cor | 4’ 40’’ | 2009

Planta 23, 03:45 é unha reflexión que pon ao ser humano fronte á súa propia creación, un mundo ultracivilizado que amplifica a súa desconexión coa súa esencia natural. Este vídeo está inspirado nas películas Solaris (1972) de Andrei Tarkovsky e Lost in translation (2003) de Sofía Coppola, que como ésta última, ten sido grabada nun hotel de Tokio ubicado nun rañaceos onde é posible contemplar toda a cidade dende a xanela.


ICH ALLEIN AUF FREMDEN WEGEN (Eu en camiños alleos) - Vídeo HD | son | cor | 6’ | 2010-11

Este vídeo, grabado nun Berlín estival, fálanos da adaptación do ser humano a un entorno descoñecido e de como a identidade amóldase a patróns que non son propios para sentirnos integrados. Para iso propóñense distintas partes conceptuais que nos guían neste proceso adaptativo: contemplación, participación, control, repetición e descoñecemento. Neste traballo o autor convértese en intérprete e narrador, e fai ao espectador cómplice dos seus pensamentos en relación co que o arrodea, aínda que finalmente desvela un segredo que fará que todo o dito durante o vídeo cambie de sentido. O vídeo profundiza na identidade do inmigrante, na conciencia da diferenza e a inclusión ou exclusión dentro do grupo dominante.


Composición en forma de escape para 4 dispositivos móbiles e un monte - Vídeo HD | son | cor | 7’ 51’’ | 2014 | estrea mundial

Traballo interdisciplinar que mestura performance, vídeo e vídeo en streaming para reflexionar sobre a posibilidade do individuo de escapar da deriva do mundo

contemporáneo en relación coa súa dependencia coa tecnoloxía, as redes sociais, a documentación exacerbada de todo o que nos arrodea e o seu sometemento ao mundo da imaxe e o espectáculo.


Materialización para a eternidade - Vídeo HD | son | cor | 6’ 14’’ | 2013

Materialización para a eternidade aborda a construcción intencionada e artificial dun icono vivo onde a súa protagonista remítenos directamente ás características comúns doutras personaxes icónicas como son: a documentación exacerbada da súa imaxe e a súa permanencia no tempo, a motivación de trascender máis alá da súa vida e a necesidade de dar un sentido elevado á súa existencia a través da súa imaxe e os seus actos, todo iso como un documento de vídeo coa apariencia dunha narración retro-futurista.


Happytime - Vídeo HD | son | cor | 11’ 49’’ | 2017 | estrea galega

Os sete capítulos que compoñen esta obra de foundfootage amósannos de forma caleidoscópica e colorista un material que nos fala sobre un dos grandes temas do ser humano, a búsqueda da felicidade. Happytime está articulado coma se dun manual de autoaxuda se tratase e, xunto con outras obras anteriores de Félix Fernández como Primetime, Dreamtime e Shocktime conforman a serie Times.

Fundación Luis Seoane
28 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 16:10 h - Inicio 16:30 h

OTROS EVENTOS