Enterticket

Fetén Fetén + convidados | Festival MARÉ 2023

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Fetén Fetén + convidados | Festival MARÉ 2023

Coma parte do festival maré, que volve a Compostela do 20 ao 24 de setembro, o recoñecido e orixinal dúo castelán Fetén Fetén visitará o Teatro Principal co espectáculo "Miña terra no corazón", no que revisarán parte das súas cancións máis emblemáticas coas cores e aportes de artistas galegas convidados, de recoñecida traxectoria e bagaxe musical. 


Este concerto é un percorrido polos ritmos populares da Península Ibérica, nun directo vital e enérxico no que poderemos gozar escoitando e bailando melodías tradicionais e composicións deste tándem burgalés ao ritmo de valses, xotas, pasodobres, muiñeiras, charros, rodas ou seguidillas.


Fetén Fetén viaxa a Galicia coas percusións de Xose Lois Romero e as cordas de Pedro Pascual, creando unha conexión atlántica no seu son en directo e un espectáculo que, baseado na música de raíz, a nosa esencia como pobo e cultura, nos transporta con imaxinación para as súas melodías ultramarinas e os seus insólitos instrumentos. Neste directo dentro da maré súmanse as colaboracións de diversos artistas do panorama musical galego.


Jorge Arribas: acordeón, ala de buitre, gaita box de vino, frauta silla de camping, basuri e recogeval.

Diego Galaz: violín, serrucho, zanfona, mandolina, culleres, tixola e huesera.

Pedro Pascual: bouzouki.

Xose Lois Romero: percusións.


Agardamos por vós o vindeiro sábado 23 de setembro no Teatro Principal.


Facebook: @cantosnamare
Instagram: @mare_compostela


Playlist Spotify
Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.gal

Festival adherido ao Programa Carné Xove. Desconto do 10% para beneficiarios/as.
CÓDIGO PROMOCIONAL: CULTURAXOVE
Deberá presentarse o carné obrigatoriamente o propio día do concerto no control de accesos.

Teatro Principal
23 sept 2023
ProvinciaA Coruña
Recinto
Teatro Principal
DirecciónRúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 19:30 h - Inicio 20:00 h

OTROS EVENTOS