today maré - músicas e artes atlánticas 2020
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O MODO DE VENDA
1. O número máximo de entradas por compra é de 6 localidades.
2. Non se poderán agrupar usuarios con entradas mercadas por separado.
3. Para poder formar agrupacións, a adquisición de entradas debe realizarse por parte dun mesmo comprador. Neste caso, tódolos asistentes (de 2 a 6) agruparanse nunha mesma mesa.
4. Tódalas entradas estarán numeradas e asociadas a unha cadeira/mesa.
neste atípico ano 2020, que se revela como un punto de inflexión cara un mundo diferente, maré emerxe en Compostela co espírito de sumar e compartir os valores e o talento dos territorios de fala galego-portuguesa, convertidos agora nun océano aínda máis amplo onde desembocan ríos e afluentes con novas correntes tan imprescindibles coma imparables.
maré pretende converter Compostela nun nodo principal de conexións entre Galicia, as culturas atlánticas e as ligadas aos itinerarios culturais europeos dos que formamos parte. maré reforza nesta edición a súa dimensión estratéxica, amplía e renova os seus obxectivos e subliña a importancia da lingua compartida cos países da comunidade lusófona, especialmente na vertente económica.
info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 26/09/2020)