Enterticket

MESA COLECTIVA

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
MESA COLECTIVA

A Colectiva – Asociación Profesional de Artistas de Galicia, nace coa vontade de dar unha voz á comunidade contemporánea de artistas nados en Galicia ou que desenvolven a súa actividade neste territorio. Algúns dos nosos obxectivos son fortalecer o tecido profesional, analizar o sistema produtivo ou xerar coñecemento específico para o sector artístico e cultural. 

Na Mesa Colectiva desta edición tratarase a situación da arte no contexto da pandemia en diálogo con Alejandro Romero (Xefe de Actividades Culturais e Audiovisuais), Chema González (coordinador do Pabellón de España na Bienal de Venecia) e Leonor Lloret (comisaria en Appleton Square). Moderará a artista Ruth Montiel, vogal de A Colectiva.


Alejandro Romero

Alejandro Romero (Granada 1968) é Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Granada.

Estudou o seu posgrao nas universidades de París e Venecia, especializándose en escenografía

de museos, así como en xestión cultural.


Dende 1999 e ata a actualidade é o Coordinador do Pabellón Español da Bienal de

Venecia tanto para as edicións de Arte Contemporáneo como para as de Arquitectura.

Tamén e dende o 2003 é Técnico de Artes Visuais no Departamento de Cooperación e

Promoción Cultural da Axencia Española de Cooperación para o Desenvolvemento, do Ministerio

de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, para os Centros Culturais de España no exterior, así como para as embaixadas de España.


Chema González

Programador, comisario e traballador cultural, explorou as relacións entre a arte contemporánea e a imaxe en movemento e ten realizado unha ampla programación audiovisual no campo do ensaio fílmico, do documental político, do cinema experimental e do cinema de autor no Museo Reina Sofía, centro cuxa programación de cine e vídeo dirixe dende 2012. Como eixos neste traballo: recuperar olladas silenciadas que reescriban as historias do cinema, conectar a práctica fílmica cun espazo político e teórico comprometido e entender o cinema como unha arte determinante para transformar a nosa construcción e interpretación do mundo. Na actualidade é xefe de actividades culturais e audiovisuais do Museo Reina Sofía, institución na que, xunto ao cinema, desenvolve un amplo e transversal programa de debate crítico. 


Leonor Lloret

Leonor Lloret (Lisboa, 1981) é licenciada en Historia da Arte pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa e a Università degli Studi di Roma "La Sapienza" (2000-2005). Pos-graduada en Xestión de Mercados de Arte por INDEG/ISCTE (2007-2008).

Investigadora – conservadora, incorporada ao Grupo de investigación Museum da Universidade de Sevilla e posteriormente ao Servizo de Conservación de Patrimonio Histórico Artístico da Universidade de Sevilla (2008-2013). 

Responsable pola conservación, catalogación e inventario do libro antigo da Colección de Frei Manuel do Cenáculo, séculos XVI-XVIII, da Biblioteca Pública de Évora (2010-2011).

Dende 2014 adícase á arte contemporánea, formando parte do equipo de traballo do espazo cultural-artístico Appleton Square. En 2018 colabora no cambio xurídico para asociación sen fins lucrativos como asociada fundadora, quedando responsable pola área de Estratexia e Desenvolvemento. Xunto a Vera Appleton, programa o espazo apostando nas itinerancias, intercambios e relacións con institucións pares e artísticas portuguesas e internacionais. En 2021 emprende o programa Appleton 7, adicado a cine e vídeo-arte.


Ruth Montiel Arias

Ruth Montiel Arias. Palmeira (A Coruña) 1977. Graduada en Artes Aplicadas pola Escola Superior de Artes Pablo Picasso na Coruña. Realizou o Máster de Fotografía Concepto e Creación EFTI, Madrid e o Máster de Identidade Corporativa na Escola Superior de deseño Elisava, Barcelona.


Os seus proxectos personais investigan a relación humana co territorio natural e os seus conflitos derivados da dominación e opresión animal, ambiental e social. A súa obra foi exposta en institucións culturais como o Centro Cultural de España en Lima (Perú), Landkreis Galerie en Alemaña ou a Fundación Casa de Mono en Cali (Colombia). En ámbito nacional o seu traballo puido verse en La Casa Encendida, Matadero, a Fundación Cristina Enea en Donostia, MAC en A Coruña, Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, así como en galerías nacionais como Galería Cero, Galería Liebre, La New Gallery ou Noestudio en Madrid, e internacionais como a galería Moproo en Shanghai, China. O seu traballo foi seleccionado en distintos certames de arte, así como en bolsas e residencias artísticas nacionais e internacionais como Futures Photography 2020 (Photoespaña), Resident Cultura 2020, Best Photo Essay Lifestyle of the Ottawa International Vegan Film Festival 2019, entre moitas outras.

Fundación Luis Seoane
30 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 12:40 h - Inicio 13:00 h

OTROS EVENTOS