Enterticket

Milla do Millo (Muiñada de Vimianzo 2022) |CANCELADO

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Milla do Millo (Muiñada de Vimianzo 2022) |CANCELADO

A proba denominada Milla do millo celébrase no marco da VII Muiñada o domingo 9 de Outubro en Vimianzo, tendo como referencia ás 11:30 h para o inicio deste evento deportivo. O vocábulo millo ten a ver cun dos elementos fundamentais na tradición autóctona do traballo nos muíños.

A distancia escollida toma como base a distancia que hai entre os muíños das Pasantes, a Gándara e mais o Muíño da Agra.

A proba nace dun espírito familiar e de confraternización, de tal modo que, correr non é a única opción contemplada para participar, cando menos, na proba interxeracional, de tal xeito que tomalo como unha andaina tamén é unha opción.

DEFINICIÓN DA PROBA e CATEGORÍAS

A palabra milla (1,6 km)  tómase como referencia para as probas, as cales son:

1) Categoría individual absoluta (11h 30). Aprox. 1,6 km.

A categoría absoluta non se divide en grupos de idade, mais si haberá distinción por sexos (categoría masculina e femenina).

2) Categoría interxeracional (12h). 

Esta categoria a súa vez divídese nos seguintes grupos:

a) 2 xeracións. Aprox. 1,6 km.

b) 3 xeracións. Aprox. 1,6 km.

c) +3 xeracións. Aprox. 0,8 km (media milla). Do Muíño das Pasantes a Tras do Muíño, sen pasar polo Muíño da Gándara.

Que se entenderá por xeración?

Vínculos familiares (sanguíneos ou derivados das relacións de parellas) como os seguintes exemplos:

2 xeracións: Un fillo e unha nai; unha sobriña e unha tía; un pai e unha sogra etc.

3 xeracións: filla-pai-avoa; sobriño-tía-sogro etc.

+3 xeracións: filla-pai-avoa-bisavoa etc.

Poden participar as persoas menores de idade?

Si, mais na proba interxeracional, debendo ser inscritas por unha persoa adulta. Non hai categorías específicas para menores de idade.

Unha persoa pode participar na proba individual e na interxeracional?

Si, mais ten que inscribirse para ambas as probas. 

É compatible participar en varias categorías interxeracionais?

Non.


Máis información: www.cherinkas.org

Vimianzo
09 oct 2022
ProvinciaA Coruña
Recinto
Vimianzo
DirecciónRúa Trás do Muíño B, 10, 15129 Vimianzo, A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 11:30 h - Inicio 13:00 h

OTROS EVENTOS