Enterticket

NAO. Adeus e Grazas.

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
NAO. Adeus e Grazas.

NAO despídese dos escenarios.

Con A derradeira Xira presentan “Ata que o lume se apague”, disco que fecha a triloxía de despedida que comezaron no 2015 baixo o título de Apocalipse NAO.

Dende decembro de 2018 e con remate no recinto Ferial de Amio (Santiago de Compostela, Galiza), NAO presentarán este derradeiro traballo por toda a xeografía galega, Catalunya i Euskadi.

O de Santiago será o seu derradeiro concerto e para iso acompañarase de moi bos amigos.

Un concerto único, irrepetíbel, cheo de emoción e que quedará para a lembranza dos 14 anos de historia dunha das bandas senlleiras do panorama musical galego.

Antes de Nao poderemos desfrutar dos concertos de Rebeliom do Inframundo, SonDaRúa e Odolaren Mintzoa, para logo vivir un concerto único cheo de convidados especiais e moi emotivo.


Valo perder?

INFO ÚTIL

ENTRADA ANTICIPADA

Merca a túa entrada anticipada Online ata o sábado 7 ás 19h30: http://bit.ly/2HPntRS

 

TAQUILLA

  • 19h30 – 23h30
  • Prezo: 28€
  • Menores de 12 anos entrada de balde, previa entrega de autorización de menores e recollida de pulseira na taquilla do recinto.

INFORMACIÓN MENORES DE IDADE

Normas de acceso para menores de idade:

  • Todo menor de 16 anos de idade que vaia acceder ao recinto debe portar unha identificación facilitada pola organización e ir acompañado dun proxenitor ou titor/a. Os proxenitores ou titores deberán entregar unha fotocopia do seu DNI e do DNI do menor, dar un número de teléfono de contacto e asinar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar previamente aquí (http://bit.ly/2sCbL7T ) ao recoller a acreditación do menor. Se o acompañante non é un titor/a legal, deberá achegar a seguinte documentación: Autorización de asistencia por parte do pai, nai ou titor legal do menor acompañada de fotocopia de DNI, libro de familia ou pasaporte de ambos. 
  • Os menores de entre 16 e 17 anos estarán igualmente identificados, xa que no concerto non se serven bebidas alcohólicas aos menores de idade, pero poden acceder ao recinto do festival sen a compañía dun adulto. Para facelo, deben presentar na billeteira unha fotocopia do seu DNI e outra do DNI do seu proxenitor ou titor e unha autorización asinada por este último. Na autorización, da que podedes descargar un modelo aquí ( http://bit.ly/2sCbL7T ), o proxenitor ou titor autoriza a entrada ao concerto e declara o seu coñecemento de que no mesmo se serven bebidas alcohólicas.

 

  • O acceso será gratuíto para os menores de 12 anos. Previa entrega de autorización e  da entrada na taquilla do recinto. Podedes descar aquí a entrada e autorización: http://bit.ly/2sCbL7T

 

CONCERTOS

  • Apertura de portas: 19h30
  • Odolaren Mintxoa: 20h45
  • SondaRúa: 21h30
  • Rebeliom do Inframundo: 22h10
  • Nao: 22h50
  • Peche do recinto: 3h00 

COMIDA

Contaremos con dúas foodtrucks:

La Mariniere – Crepes y pizzas

Chac Mool – Taquería Mexicana

 

RECARGA

Podedes recargar tanto na taquilla  como no  posto de recarga  ou ben online desde este enlace: https://www.somosnao.com


DEVOLUCIÓN DE SALDO

Do martes 10 de decembro ás 00:00 h. ao martes 17 de decembro ás 00:00 poderase pedir a devolución do saldo non gastado  en https://www.somosnao.com


 

Toda a información en https://www.somosnao.com/

Recinto Ferial de Amio
07 dic 2019
ProvinciaA Coruña
Recinto
Recinto Ferial de Amio
DirecciónRECINTO FERIAL DE, Rúa de Amio, S/N, 15890 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 19:30 h - Inicio 20:45 h

OTROS EVENTOS