NAO. Adeus e Grazas.
ENTRADAS
Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.
INFORMACIÓN
NAO despídese dos escenarios.
Con A derradeira Xira presentan “Ata que o lume se apague”, disco que fecha a triloxía de despedida que comezaron no 2015 baixo o título de Apocalipse NAO.
Dende decembro de 2018 e con remate no recinto Ferial de Amio (Santiago de Compostela, Galiza), NAO presentarán este derradeiro traballo por toda a xeografía galega, Catalunya i Euskadi.
O de Santiago será o seu derradeiro concerto e para iso acompañarase de moi bos amigos.
Un concerto único, irrepetíbel, cheo de emoción e que quedará para a lembranza dos 14 anos de historia dunha das bandas senlleiras do panorama musical galego.
Antes de Nao poderemos desfrutar dos concertos de Rebeliom do Inframundo, SonDaRúa e Odolaren Mintzoa, para logo vivir un concerto único cheo de convidados especiais e moi emotivo.
Valo perder?
INFO ÚTIL
ENTRADA ANTICIPADA
Merca a túa entrada anticipada Online ata o sábado 7 ás 19h30: http://bit.ly/2HPntRS
TAQUILLA
- 19h30 – 23h30
- Prezo: 28€
- Menores de 12 anos entrada de balde, previa entrega de autorización de menores e recollida de pulseira na taquilla do recinto.
INFORMACIÓN MENORES DE IDADE
Normas de acceso para menores de idade:
- Todo menor de 16 anos de idade que vaia acceder ao recinto debe portar unha identificación facilitada pola organización e ir acompañado dun proxenitor ou titor/a. Os proxenitores ou titores deberán entregar unha fotocopia do seu DNI e do DNI do menor, dar un número de teléfono de contacto e asinar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar previamente aquí (http://bit.ly/2sCbL7T ) ao recoller a acreditación do menor. Se o acompañante non é un titor/a legal, deberá achegar a seguinte documentación: Autorización de asistencia por parte do pai, nai ou titor legal do menor acompañada de fotocopia de DNI, libro de familia ou pasaporte de ambos.
- Os menores de entre 16 e 17 anos estarán igualmente identificados, xa que no concerto non se serven bebidas alcohólicas aos menores de idade, pero poden acceder ao recinto do festival sen a compañía dun adulto. Para facelo, deben presentar na billeteira unha fotocopia do seu DNI e outra do DNI do seu proxenitor ou titor e unha autorización asinada por este último. Na autorización, da que podedes descargar un modelo aquí ( http://bit.ly/2sCbL7T ), o proxenitor ou titor autoriza a entrada ao concerto e declara o seu coñecemento de que no mesmo se serven bebidas alcohólicas.
- O acceso será gratuíto para os menores de 12 anos. Previa entrega de autorización e da entrada na taquilla do recinto. Podedes descar aquí a entrada e autorización: http://bit.ly/2sCbL7T
CONCERTOS
- Apertura de portas: 19h30
- Odolaren Mintxoa: 20h45
- SondaRúa: 21h30
- Rebeliom do Inframundo: 22h10
- Nao: 22h50
- Peche do recinto: 3h00
COMIDA
Contaremos con dúas foodtrucks:
La Mariniere – Crepes y pizzas
Chac Mool – Taquería Mexicana
RECARGA
Podedes recargar tanto na taquilla como no posto de recarga ou ben online desde este enlace: https://www.somosnao.com
DEVOLUCIÓN DE SALDO
Do martes 10 de decembro ás 00:00 h. ao martes 17 de decembro ás 00:00 poderase pedir a devolución do saldo non gastado en https://www.somosnao.com
Toda a información en https://www.somosnao.com/