OBSERVATORIO - MICRO IS BIG.MICROCINEMAS: PRESENTE E FUTURO DA EXHIBICIÓN CINEMATOGRAFICA

today Viernes, 4 de junio de 2021

today Viernes, 4 de junio de 2021
access_time Apertura: 11:30h Inicio: 12:00h
place SALA (S8) PALEXCO - Peirao de Transatlánticos, s/n, 15003 A Coruña

today OBSERVATORIO - MICRO IS BIG.MICROCINEMAS: PRESENTE E FUTURO DA EXHIBICIÓN CINEMATOGRAFICA

Lonxe quedan os tempos nos que o cinema era un entretemento popular e o negocio estaba na venda de billetes. Os cartos están agora noutras plataformas e produtos, co que se está a deixar morrer a infraestrutura que sostiña o cine como experiencia colectiva. Está claro que non se pode deixar en mans dos grandes capitais o destino daquilo que nos importa, nin podemos asimilarnos aos seus mandatos. A resistencia atópase noutro tipo de cine e mais de exhibición, a resposta nestes tempos de cine online e franquías de marketing está nun cambio de proceder. Neste contexto o “micro é grande” e, do mesmo xeito que escenas coma a punk crearon os seus propios circuítos de concertos, sen esperar a seren admitidas nun sistema de espectáculos que lles era alleo, o cinema experimental e independente tamén ten ido creando os seus espazos. Como conta Ed Halter no seu artigo Head Space. Notes on the Recent History of a Self-Sustained Exhibition Scene for American Experimental Cinema, “o termo ‘microcinema’ foi cuñado polos cineastas Rebecca Barten e David Sherman, que abriron unha sala chamada Total Mobile Home Microcinema en 1994, unha mini sala de trinta asentos construída no soto do seu apartamento en San Francisco Barten e Sherman articularon un ethos compartido por moitos outros. ‘Como cineastas que nos autofinanciamos, funcionando totalmente fóra do sistema, queriamos crear un espazo íntimo, non institucional, no noso soto, onde a distancia entre a película e mailo público, entre os propios artistas e o público, puidese ser activada e transformada’”. Unha rede de microcines autoxestionarios ten medrado así polo mundo nos últimos anos, como alternativa á amarga medicina que nos queren facer tragar. Dende o (S8) queremos convocar algúns dos seus máis relevantes expoñentes (do país e mais de fóra) neste primeiro encontro, coa idea de compartir experiencias, aprender os uns dos outros e proxectar un futuro viable (e co que nos sintamos identificados) para a experiencia colectiva do cine, algo que dende defendemos con vehemencia.

PARTICIPAN:

  • Damien Sanville, do Close Up Cinema (Londres)

  • Ed Halter, de Light Industry (Nueva York)

  • Albert Triviño, de Zumzeig Cinecooperativa (Barcelona)

  • Xan Gómez Viñas, de Numax (Santiago de Compostela).

Presenta: Ángel Rueda.

Modera: Elena Duque.



AULA CREA. COORDINADORA DEL CORTOMETRAJE ESPAÑOL. ESPAZOS DE DIÁLOGO E PROMOCIÓN PARA O CINEMA DE VANGARDA.
Venres 4 de xuño | 13:30 h | SALA (S8) PALEXCO | Reserva aquí a túa entrada gratuíta 

A Coordinadora del Cortometraje Español pon en marcha a plataforma Archivo del Cortometraje Español, un espazo plural, diverso e integral que persegue a promoción, difusión e visibilización da curtametraxe producida no Estado español no ámbito internacional, sen deixar tampouco de atender á súa divulgación dentro das nosas fronteiras. O enfoque desta plataforma é diverso, transversal e inclusivo, concentrado iniciativas públicas e privadas, cineastas, artistas, asociacións, festivais e empresas, e ofrecendo unha imaxe de conxunto do sector da curtametraxe en toda a súa riqueza e variedade.

De xeito paralelo á presentación desta nova iniciativa, dos seus obxectivos e mais dos próximos pasos a seguir, proponse iniciar durante esta xornada un debate e unha reflexión para detectar as necesidades e particularidades do eido do cinema experimental e de vangarda. O obxectivo deste debate é a creación dun grupo de traballo que dea respostas a todas estas necesidades e desenvolva accións e ferramentas específicas que permitan dar unha maior difusión e pulo ás obras cinematográficas de vangarda e aos artistas detrás delas, así como fomentar a creación dunha rede de traballo na que tamén participen espazos, proxectos, institucións e festivais que as promoven e exhiben. Dende a Coordinadora somos conscientes de que o cine experimental e de vangarda ten ás veces un compoñente máis individual que outros formatos cinematográficos e videográficos, pero tamén cremos firmemente que a colaboración colectiva é necesaria para acadar unha maior divulgación e visibilización destas propostas tanto no nivel profesional como entre o público xeral.

A cargo de Jorge Rivero, presidente da Coordinadora del Cortometraje Español.
info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 04/06/2021)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.