Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL - MASTER CLASS - WALTER SAXER

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL - MASTER CLASS - WALTER SAXER
Clase Maxistral con Walter Saxer
Walter  Saxer é un produtor de cinema de nacionalidade suíza que comezou a súa carreira a finais dos anos 60 cando en Lanzarote, coñeceu ao cineasta alemán Werner Herzog quen elixira a illa española para filmar a súa segunda longametraxe Tamén os ananos empezaron pequenos. Walter, que naquela época tiña 20 anos, axudou na produción sen haber nunca antes traballado nunha película e quedou obsesionado coa idea de facer posible o imposible. Walter foi vivir a Alemaña onde rapidamente coñeceu a escritores, poetas, e cineastas que formaban parte da  nova onda de cinema alemán como Herbert Achternbusch, Fassbinder e por suposto Werner  Herzog, con quen colaborou ao longo de case toda a súa carreira. Walter  Saxer, foi quen fixo posible algunhas das producións máis difíciles da historia do cinema como sen dúbida foi  Fitzcarraldo e tamén Aguirre, a cólera de Deus. Nesta exclusiva clase maxistral explicara como estas películas foron feitas nas condicións máis arduas, cun equipo extremadamente pequeno en Aguirre e subindo un barco de vapor por unha montaña en Fitzcarraldo. Saxer estará acompañado polo crítico de cinema, produtor, divulgador científico e astrónomo coruñés, Martin Pawley.



Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui
Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como o Seminario, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros,  encontros,  performances audiovisuais, etc. 

Seminario Menor de Tui
25 sept 2021
ProvinciaPontevedra
Recinto
Seminario Menor de Tui
DirecciónP.º de Calvo Sotelo, 32, 36700 Tuy, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 11:30 h - Inicio 12:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS