PLAY-DOC FESTIVAL - PERESENTACIÓN PROXECTOS: OLLAR + MEMORIA VIVA
ENTRADAS
INFORMACIÓN
ENCONTROS_PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
Cada ano o festival serve de plataforma para visibilizar propostas audiovisuais estimulantes. Nesta ocasión contaremos coa participación dos impulsores destes dous proxectos:
OLLAR, ESCOLMA DA FOTOGRAFÍA GALEGA CONTEMPORÁNEA.
A fotografía e o cinema son compañeiros inseparables, son a base da linguaxe visual e audiovisual que coñecemos hoxe en día. Un campo serve de inspiración para o outro e compleméntanse. Nesta edición coñeceremos o proxecto Ollar, Escolma da Fotografía Galega Contemporánea. Un proxecto multimedia e online de Adarme Visual dedicado á divulgación da fotografía de autor en Galicia en donde mediante unha serie de curtas documentais amosarannos o traballo artístico de diferentes creadores.
MEMORIA VIVA
En 2021 o Concello do Rosal puxo en marcha un interesante proxecto web dirixido á recuperación do patrimonio inmaterial do municipio, da memoria persoal e colectiva dos seus veciños. Memoria Viva busca poñer en marcha un sistema de salvagarda deses bens intanxibles, así como do coñecemento e da memoria que atesouran as persoas que habitan a localidade. Nesta web aglutinan pequenos vídeos documentais con testemuños de persoas de idade nos que se recollen os coñecementos relativos a unha época, un oficio, unha tradición, un acontecemento, ou calquera elemento patrimonial de interese.
Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui
Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como o Seminario, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros, encontros, performances audiovisuais, etc.