18:30H SALA1: 4 CURTAMETRAXES - LEON HIRSZMAN - 2º pase
ENTRADAS
INFORMACIÓN
PEDREIRA DE SÃO DIOGO (Canteira de San Diogo)
Leon Hirszman / 1962 / 18min / Brasil
A primeira película de Leon Hirszman, Pedreira de São Diogo, é un dos episodios de 5 vezes favela, unha serie de curtametraxes realizadas polo Centro de Investigacións Culturais do Sindicato Nacional de Estudantes (CPC) a principios dos anos 1960. Coa suposta influencia das teorías da montaxe de Eisenstein, e marcado por un forte idealismo político, o episodio segue o drama vivido polos traballadores dunha canteira de Rio ante a orde de intensificar as explosións, algo que poñería en risco a vida dos habitantes da favela, no alto do outeiro.
MAIORIA ABSOLUTA (Maioría absoluta)
Leon Hirszman / 1982 / 20min / Brasil
Filmado en 1963, con son directo, este documental retrata o día a día e a miseria extrema dos campesiños analfabetos do Nordeste de Brasil. Incapaces de ler e escribir, non lles está permitido votar, aínda que son conscientes da súa situación e están perfectamente capacitados para propoñer solucións aos seus problemas. Maioria absoluta dá voz aos analfabetos a través de testemuños, estatísticas e datos históricos que lanzan luz sobre o problema do latifundio na estrutura agraria brasileira. Co advenimiento do golpe militar en 1964, a película foi censurada e prohibiuse a súa exhibición ata 1980, aínda que si foi mostrada fóra de Brasil onde foi galardoada en diversos festivais internacionais.
NELSON CAVAQUINHO
Leon Hirszman / 1969 / 13min / Brasil
Nelson Cavaquinho é un rexistro fermoso e punzante do sambista na súa contorna, conversando e tocando com amigos e veciños, na súa casa, no bar, no patio. Escenas da vida no barrio mestúranse con recordos e improvisacións, compoñendo un retrato complexo, tan alegre como melancólico, do compositor e da súa comunidade ao márgen da sociedade.
PARTIDO ALTO
Leon Hirszman / 1976-82 / 22min / Brasil
Concibido en estreita colaboración con Paulinho da Viola, Partido alto é un documento histórico e unha sincera homenaxe á “expresión máis auténtica do samba”, como Candeia define este xénero musical marcado por improvisacións, como o repente nordestino. Este valioso filme de 1976 con declaracións memorables da vella garda, non só rexistra a manifestación dunha certa pureza musical, a sinxeleza e o espírito de comunidade, senón que se posiciona firmemente contra a crecente estandarización do samba, imposta polas demandas do mercado.