Enterticket

EXPLICACIÓN DA LUZ I: Sesión colectiva

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
EXPLICACIÓN DA LUZ I: Sesión colectiva

Explicación do tempo - Sesión Colectiva

Vivimos nunha época de incertidume. A pandemia enfrontounos á perda. A perda da liberdade, a perda do establecido, a perda do espazo, a perda da vida e incluso a perda da morte nos seus rituais e loitos. Ante o sentimento de perda, o tempo de reflexión, o tempo de volver ao tempo inicial, o tempo do encontro.

 Este foi o punto de partida para a selección dos vídeos destas seis artistas, unha conciencia humana de pertenza a un espazo maior, sobre o que necesitan discorrer e meditar para entenderse a si mesmas. 

A través da memoria persoal ou histórica, o camiño cartografiado, a voz literaria, a recuperación de prácticas ancestrais, percorren á necesidade contemplativa da paisaxe que ao mesmo tempo posibilita o distanciamento da mirada que finalmente vólvese cara a dentro.


Leonor Lloret

Leonor Lloret (Lisboa, 1981) é licenciada en Historia da Arte pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa e a Università degli Studi di Roma "La Sapienza" (2000-2005). Pos-graduada en Xestión de Mercados de Arte por INDEG/ISCTE (2007-2008).

Dende 2014 adícase á arte contemporánea, formando parte do equipo de traballo do espazo cultural-artístico Appleton Square. En 2018 colabora no cambio xurídico para asociación sen fins lucrativos como asociada fundadora, quedando responsable pola área de Estratexia e Desenvolvemento. Xunto a Vera Appleton, programa o espazo apostando nas itinerancias, intercambios e relacións con institucións pares e artísticas portuguesas e internacionais. En 2021 emprende o programa Appleton 7, adicado a cine e vídeo-arte.

Helena Estrela - Plática dunha flor 

Vídeo | son | cor | 2’ 15’’ | 2020 | estrea internacional

Unha película bucólica e artesanal concebida como carta aos meus amigos despois de ler Pedro Páramo de Juan Rulfo. 

Filmamos unha conversa entre Lester e unha flor, sen ensaios. Nesta, as palabras destínanse a guiar, e os sons, nados do interior e do exterior do encadre están destinados a distraer. Un ton elévase dende o ceo como se cada flor se unise neste encantamento.


Maria Trabulo - Excavando no deserto 


Vídeo HD | son | cor | 13’ | 2019 | estrea internacional

Filmada no deserto de Maranjab, cerca de Teherán, Excavando no deserto é o resultado dunha investigación de seis meses realizada en Irán en 2019. Reunindo entrevistas, documentación, fotografías de arquivo e filmacións, conta a historia do Museo de Arte Contemporáneo de Teherán, inaugurado un ano antes da revolución iraní de 1979 e que alberga a maior colección de arte moderno occidental fóra de Occidente. En Teherán, sen poder visitar a colección en depósito, a artista recorre a artistas iraníes e a traballadores do museo que tiñan visitado os depósitos do museo e visto a colección, intentando recoller unha impresión da mesma e comprender os motivos sociopolíticos que houbo detrás da non presentación das obras.

Nun esforzo por recordar a colección, diversas personaxes narran as súas impresións sobre o pasado e o presente dun lugar, explorando a visibilidade e invisibilidade desta colección, e a importancia de facer e expoñer arte neste contexto sociopolítico.


Mariana Caló e Francisco Queimadela - Carta ao porvir 


Vídeo | son | cor | 12’ 45’’ | 2012 | estrea española

Os cantís de xiz da zona do estuario de Cuckmere e das Seven Sisters, en Reino Unido, están sendo engulidos pouco e pouco polo mar e poden verse a simple vista signos perceptibles do paso do tempo ao longo de millóns de anos, facilmente recoñecibles a través das súas particularidades xeolóxicas. A regularidade distinguible dos estratos xeolóxicos e os abundantes fósiles e microfósiles que compoñen o xiz revélanse nesta película reflectindo un desvelamento de capas cara o pasado. Nas zonas máis baixas dos escarpes encóntranse inscripcións e glifos, mensaxes que non chegarán ata un futuro lonxano. 

 

Susana Gaudêncio - Illas Afortunadas


Vídeo e animación | son | cor | 13’ 58’’ | 2015 | estrea española

Ilhas Afortunadas (2015) explora o camiñar como método ancestral de viaxe crítico, que cataliza o coñecemento, o acto artístico e ofrece historias, abordando o concepto de insularidade como desexo de imaxinación, utopía, autonomía ou refuxio. Ao percibir o concepto de illa, a miúdo inclinámonos a crear valores positivos e facer dela un centro xerador de ilusións e quimeras. Unha illa adoita ser un lugar illado, unha rexión diferente, outro mundo, ao que chegamos a través da viaxe, como unha oportunidade de transformación. En Ilhas Afortunadas escoitamos a unha narradora en voz en off (a artista), que camiña pola cidade de Porto, reflexionando sobre o que observa.


Susana Soares Pinto - Brumal 


Vídeo HD | son | cor | 13’ 05’’ | 2018 | estrea internacional

Dous sons e dúas temperaturas: a brumosa e electrónica montaña e o cálido e desértico "shirincho" (unha guitarra cercana ao ukelele). Os dous están chorando! Os berros conectan o hemisferio norte co sur e percorren diferentes paisaxes do planeta: pasan polos Alpes e os Picos de Europa, cruzan o ecuador e chegan ao deserto de Atacama. Este vídeo foi creado a partir da música Brumal do álbum Peripherad Debris do grupo Haarvöl.


Lúcia Prancha - Casa do Sol 


Vídeo HD | son | cor | 12’ | 2020 | estrea española

Casa do Sol explora a obra e o legado da escritora brasileira Hilda Hilst (1930-2004). A miúdo descrita como o Marqués de Sade de Brasil, a súa  asombrosa obra aborda o misticismo, a loucura, a encarnación, o erotismo e a liberación sexual feminina. Casa do Sol é o nome da casa de Hilst. Durante a súa vida, a súa residencia foi un importante lugar de encontro para escritores, artistas e intelectuais. Hoxe en día, alberga o seu arquivo e  hospeda un programa de residencias. Casa do Sol rodouse na casa e os xardíns de Hilst durante o verán de 2019 e emprega o texto dun dos contos de Hilst. Este vídeo experimental explora a sexualidade e o colonial a través da militancia política e poética da escritura de Hilst.

Fundación Luis Seoane
28 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 18:10 h - Inicio 18:30 h

OTROS EVENTOS