Dios Ke Te Crew na Sala Capitol

today Viernes, 27 de mayo de 2022

today Viernes, 27 de mayo de 2022
access_time Apertura: 21:00h Inicio: 22:00h
place Sala Capitol - Rúa de Concepción Arenal, 5, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, España

today Dios Ke Te Crew na Sala Capitol

Despois dunha longa tempada, os Dios Ke Te Crew están de volta!

Ao pouco de lanzar o seu último LP, "O Ciclo da Serpe" (DKTC Sons, 2019), a xira de actuacións viuse interrompida pola pandemia. Foi aí cando o grupo tomou a difícil decisión de non realizar actuacións en directo ata que as condicións, para público e banda, fosen axeitadas ao formato característico do seu show.

Pois ben, aproveitando esta "parada", Sokram, Mou, Jamas e Padre Murdock estiveron a argallar novos contidos... que traen coma froito un novo e agardado traballo, adiantado co videoclip/single "OG" (feat. Boyanka Kostova).

A banda de hip hop creada en Ordes no 2003 está a piques de celebrar o seu vixésimo aniversario... e traen moitas novidades.

Non quererás que cho conten, verdade?

Pois xa podedes reservar os tickets para o concerto de presentación deste novo traballo! Apunta ben: 27 de maio na Sala Capitol ás 22:00. 

Deica xa!


https://www.diosketecrew.org

date_range Próximos eventos de Nordesía Producións

closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.