Enterticket

Marín É Música: Rayden + García Mc & Nación Quilombo

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Marín É Música: Rayden + García Mc & Nación Quilombo

Marín é música, un evento musical único para dinamizar o outono na localidade pontevedresa! O recoñecido rapeiro Rayden ofrecerá o vindeiro sábado 9 de outubro o seu único concerto en Galicia desde 2021, no que presentará o seu último álbum, Homónimo. O público poderá gozar, de pé, de temas como La mujer cactus y el hombre globo ou El mejor de tus errores. Sobre o escenario tamén estará García Mc & Nación Quilombo, que encherán de rimas e músicas do mundo o Parque Azul de Marín. A apertura de portas será ás 19.30 horas e a festa comezará ás 20.30 horas!

GARCÍA MC & NACIÓN QUILOMBO

Nación Quilombo é froito de máis de 20 anos de traxectoria musical deste referente indiscutible da cultura hip-hop en Galicia. García Mc foi parte de iniciativas recoñecidas en España como Dios ke te Crew, onde participou activamente ata o 2016 e agora sorprende cun espectáculo innovador ao fronte da Nación Quilombo, unha banda que combina ritmos do mundo coa palabra como centro.

RAYDEN
As etiquetas non van con Rayden. Así, este artista multidisciplinar destacou ao longo da súa carreira musical pola habilidade de fusionar xéneros musicais, a súa orixinalidade, e o toque lírico das súas letras, sempre definida polo seu xénero de orixe: o rap. A súa discografía en solitario consta de 6 traballos, sendo os últimos tres unha triloxía sobre a palabra: Antónimo, Sinónimo e Homónimo, que presentará en Marín. Será o seu único concerto en Galicia neste 2021!

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS RELATIVAS Á PREVENCIÓN DE CONTAXIOS POR COVID-19: 
As condicións de acceso e permanencia no recinto están suxeitas á normativa vixente en materia sanitaria para previr os contaxios por Covid-19, e poden sofrir modificacións en función da aprobación de novas normas que modifiquen as condicións vixentes no intre de adquisición desta entrada. 
- A organización proporcionará información de obrigado cumprimento polas persoas asistentes namentras permanecen no recinto. En todo caso, o uso da máscara é obrigatorio e terá que estar correctamente colocada en todo momento. - Deberase manter a distancia social.
- É obriga de toda persoa tenedora dunha entrada seguir as normas xerais para a cidadanía previstas para previr contaxios: toda persoa contaxiada ou con síntomas e/ou malestar dalgún tipo está obrigada a non acudir ao evento.
- En caso de adquisición de convites para un grupo de persoas, a persoa adquirinte está obrigada a comunicar a TODAS as persoas para as que adquire entradas, as obrigas relativas á prevención de contaxios por Covid-19 que se recollen neste apartado. Todas as persoas asistentes están suxeitas a estas normas. 
- Toda persoa con síntomas compatíbeis coa enfermidade por Covid-19, ou que tivera contacto estreito con persoa enferma por Covid-19, deberá absterse de acudir ao evento se, antes de acudir, non se acredita que non se atopa infectada. 
- É obrigatorio seguir as normas de comportamento e aquelas que estableza a organización para previr contaxios por Covid-19. O cumprimento destas normas son aplicábeis dende que a persoa accede aos puntos de control de acceso e ata que abandone o recinto. O incumprimento grave das normas pode provocar a expulsión do recinto da persoa infractora e outras consecuencias.

Parque Azul no Porto de Marín
09 oct 2021
ProvinciaPontevedra
Recinto
Parque Azul no Porto de Marín
Dirección36915 Marín, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 19:30 h - Inicio 20:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS