Enterticket

Sinsal SON Estrella Galicia, Museo do Mar 2019

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Sinsal SON Estrella Galicia, Museo do Mar 2019

Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar 2019


Música, transmisión, historia. Ese é o fío condutor do festival Sinsal SON Estrela Galicia no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, que se celebra os días 7 e 8 de setembro de 2019. Si no mes de xullo, Sinsal converte a illa de San Simón na súa cabeza de cartel, no final do verán a marca continúa ligada ao patrimonio do mar. Nesta ocación en instalacións emblémáticas como o Museo do Mar de Galicia, deseñado nos primeiros noventa por Aldo Rossi e César Portela no solar do antigo matadeiro da parroquia viguesa de Alcabre.

Desde fai máis de vinte anos a empresa Sinsalaudio ten como unha dos seus principais liñas de traballo levar novas músicas a espazos singulares, moitos deles non concibidos a priori para a interpretación de música en directo. Museos e centros de arte, espazos naturais, recintos industriais....lugares que amplían o significado do feito sonoro e transmiten a súa historia e memoria ao público. O Museo do Mar de Galicia é, sen dúbida, un deles. O festival conta co apoio de SON Estrela Galicia e da Xunta de Galicia, responsable da xestión do museo.

A programación

En 2019 celebraremos a segunda edición dun proxecto que Sinsalaudio concibe para unha cidade, Vigo, e un espazo emblemático, o Museo do Mar de Galicia. Ademais da música en directo, o programa do festival compleméntase con outras actividades como obradoiros e visitas ao museo e ofrece unha proposta gastronómica ecolóxica, de proximidade, de terra e de mar.

Rocío Márquez, a artista que lle deu un envorco ao flamenco no último lustro, encabeza o cartel 2019. Sen dúbida, é a cantante con máis proxección da nova xeración flamenca que se expande a outros públicos. Con Márquez compartindo cartel, a harpista californiana Mary Lattimore e FAIA, a última sorpresa da música feita en Galicia. Propostas de autora e de raíz que suman ricas historias ao festival. Bandas como La Bamba ou Iko Cuyagua tamén forman parte tamén da segunda edición de Sinsal SON Estrela Galicia Museo do Mar.

Na primeira edición 2018 visitáronnos: Niño de Elche y Los Voluble, Sunset Rollercoaster, JFDR String Quartet, Baiuca, 16 mm, Vudú, DUAS, Viktor Flores, el brasileño Castello Branco e la clavecista María del Mar Blanco, estos dous últimos nos astaleiros Cardama e Freire, respectivamente.


Onde:

Museo do Mar de Galicia, Alcabre (Av. da Atlántida 160, Vigo)


Datas e horarios:

Sábado 7 de setembro: Tarde e noite

Domingo 8 de setembro: Mañá e tarde  (Xornada con entrada de balde)


Prezos:

Entrada Xeral: 25,00 € + Gastos de xestión

Entrada Menor (4-16 anos): 5 € + Gastos de xestión

Entrada Menor ata 3 anos: De balde


Máis Información

Museo do Mar de Galicia
07 sept - 08 sept 2019
ProvinciaPontevedra
Recinto
Museo do Mar de Galicia
DirecciónAv. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra, España

OTROS EVENTOS