Enterticket

TUI. O CAMIÑO DO NADAL. RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
TUI. O CAMIÑO DO NADAL. RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS
Os Reis Magos ofrecerán unha recepción aos cativos e cativas de Tui o próximo martes, 5 de xaneiro, no Teatro Municipal de Tui.

Ás 16 h ábrese a reserva de entradas para novas quendas que se veñen de habilitar para a recepción dos Reis Magos.

Habilítanse 60 novas quendas en horario matinal entre as 11.30 h e as 13.30 h para grupos de máximo catro persoas despois de que onte á tarde se esgotaran nunhas horas as 110 quendas habilitadas para a recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar entre as 16 e as 19.30 h.

Para asistir é preciso reservar previamente entrada de forma gratuíta en tui.gal. Cada entrada dará acceso a un máximo de 4 persoas, e establécense cinco quendas cada 10 minutos. 

No momento de facer a reserva débese cubrir o nome e apelidos e teléfono de contacto de cada unha  das persoas asistentes.

A recepción contará cun estrito protocolo anticovid.

Á chegada á Area Panorámica os paxes reais e o persoal municipal irán conducindo aos asistentes no circuíto establecido até o interior do teatro onde dende as escadas que dan acceso ao escenario os cativos poderán saudar con distancia a Melchor, Gaspar e Baltasar e fotografarse con eles.

Recoméndase acudir ao Teatro con 10 minutos de antelación sobre a hora fixada na entrada para evitar aglomeracións.

No vestíbulo será preciso a desinfección de mans con hidroxel e lémbrase o uso obrigatorio de máscara para os maiores de 6 anos.

Teatro Municipal de Tui
05 ene 2021
ProvinciaPontevedra
Recinto
Teatro Municipal de Tui
DirecciónEdificio Área Panorámica. Rúa Colón, 2 – 36700 Tui.

OTROS EVENTOS